As persoas con discapacidade e as
persoas maiores estanse vendo afectadas pola revolución tecnolóxica, da mesma
maneira que calquera outra cidadán e, ademais necesitan en maior medida
beneficiarse do enorme potencial que ofertan. Para eles, as TIC non só sirven
para potenciar as súas capacidades, senón tamén para paliar e compensar
posibles limitacións. Pero para que os seus beneficios cheguen a todos é
necesario facelas accesibles. Para que unha persoa con discapacidade poida ter
acceso a todas as posibilidades que proporciona o ordenador, é necesario que
éste esté configurado e equipado con programas e dispositivos axeitados e
adaptados en función das capacidades funcionais e das necesidades de cada
usuario.
Actualmente, unha persoa sen mans pode escribir nun ordenador, un cego pode
ler, un mudo falar por teléfono ou unha persoa en cadeira de rodas pode activar
as persiás da súa casa e controlar a televisión simultaneamente.
Os centros e fundacións para axudar ás persoas con discapacidade teñen como un
dos seus primeiros obxectivos o potenciar a autonomía das persoas
discapacitadas mediante o desenvolvemento da tecnoloxía para as actividades da
vida diaria e a adaptación dos útiles e postos de traballo.
O ordenador xoga un papel fundamental para a integración escolar de nenos que,
por exemplo, non poden debuxar nin escribir (aínda que poden empregar o equipo
mediante un pulsador). Tamén é de moita utilidade para os logopedas, na área de
comunicación e evolución.
As TICS proporcionan múltiples
funcionalidades ás persoas con discapacidade ou que requiran unha atención
especial, facilitando:
- A comunicación
- O acceso/proceso da
información
- O desenvolvemento
cognitivo
- A adaptación e
autonomía ante o entorno
- Ocio
- Instrumentos
de traballo, posibilidades de realizar actividades laborais.
A continuación analizaranse
algúns casos concretos:
- Problemas
visuais: lectores de textos, periférico para a lectura Braille, impresora
Braille, calculadoras parlantes, procesadores/xestores de textos e outros
programas standard manexados por voz, detectores de obstáculos para guiar ás
persoas, lupas ampliadoras de pantalla e outras adaptadoras para persoas con
baixa visión...
- Problemas auditivas:
teléfonos con transmisión do texto, programas para a conversión de voz en
texto, ferramentas estándares de correo electrónico y chat, xeradores de ondas
de son, sistema para ampliación de electrónica para hipoacusias etc.
- Problemáticas
motoras: teclados alternativos adaptados, onde se modifica a velocidade de
repetición das teclas; interruptores, punteiros, carcasas para aqueles que non
poden mover os dedos; programas recoñecedores de voz; programas Standard
adaptados; instrumentos de control remoto para o desplazamento das cadeiras,
control de luces e outros interruptores...
- Problemas
de expresión verbal: sintetizadores de voz
- Discapacidade psíquica
(emotivas e sociais)
- Autismo: uso algúns
programas e recursos TIC como medio de reexpresión persoal e con unha función
mediadora.
- Outros problemas conductuais:
instrumento para o acceso á información e a comunicación en xeral, uso dalgúns
programas e recursos TIC como medio de expresión persoal e reforzo da
autoestima etc.
- Dificultades
de aprendizaxe: novos entornos de aprendizaxe virtuais, programas de
reforzo e exercitación.
- Deficiencias
mentais graves: instrumento para o acceso á información, programas
específicos para diagnósticos e tratamento dalgunhas deficiencias, materiais
didácticos de reforzo...