lunes, 16 de abril de 2012

TICS para discapacitados


As persoas con discapacidade e as persoas maiores estanse vendo afectadas pola revolución tecnolóxica, da mesma maneira que calquera outra cidadán e, ademais necesitan en maior medida beneficiarse do enorme potencial que ofertan. Para eles, as TIC non só sirven para potenciar as súas capacidades, senón tamén para paliar e compensar posibles limitacións. Pero para que os seus beneficios cheguen a todos é necesario facelas accesibles. Para que unha persoa con discapacidade poida ter acceso a todas as posibilidades que proporciona o ordenador, é necesario que éste esté configurado e equipado con programas e dispositivos axeitados e adaptados en función das capacidades funcionais e das necesidades de cada usuario.

Actualmente, unha persoa sen mans pode escribir nun ordenador, un cego pode ler, un mudo falar por teléfono ou unha persoa en cadeira de rodas pode activar as persiás da súa casa e controlar a televisión simultaneamente.

Os centros e fundacións para axudar ás persoas con discapacidade teñen como un dos seus primeiros obxectivos o potenciar a autonomía das persoas discapacitadas mediante o desenvolvemento da tecnoloxía para as actividades da vida diaria e a adaptación dos útiles e postos de traballo.

O ordenador xoga un papel fundamental para a integración escolar de nenos que, por exemplo, non poden debuxar nin escribir (aínda que poden empregar o equipo mediante un pulsador). Tamén é de moita utilidade para os logopedas, na área de comunicación e evolución.

As TICS proporcionan múltiples funcionalidades ás persoas con discapacidade ou que requiran unha atención especial, facilitando:

-   A comunicación
-   O acceso/proceso da información
-   O desenvolvemento cognitivo
-   A adaptación e autonomía ante o entorno
-    Ocio
-    Instrumentos de traballo, posibilidades de realizar actividades laborais.

A continuación analizaranse algúns casos concretos:
  • Discapacidade Física:
-      Problemas visuais: lectores de textos, periférico para a lectura Braille, impresora Braille, calculadoras parlantes, procesadores/xestores de textos e outros programas standard manexados por voz, detectores de obstáculos para guiar ás persoas, lupas ampliadoras de pantalla e outras adaptadoras para persoas con baixa visión...

- Problemas auditivas: teléfonos con transmisión do texto, programas para a conversión de voz en texto, ferramentas estándares de correo electrónico y chat, xeradores de ondas de son, sistema para ampliación de electrónica para hipoacusias etc.

-     Problemáticas motoras: teclados alternativos adaptados, onde se modifica a velocidade de repetición das teclas; interruptores, punteiros, carcasas para aqueles que non poden mover os dedos; programas recoñecedores de voz; programas Standard adaptados; instrumentos de control remoto para o desplazamento das cadeiras, control de luces e outros interruptores...

-     Problemas de expresión verbal: sintetizadores de voz

  •  Discapacidade psíquica (emotivas e sociais)
- Autismo: uso algúns programas e recursos TIC como medio de reexpresión persoal e con unha función mediadora.

- Outros problemas conductuais: instrumento para o acceso á información e a comunicación en xeral, uso dalgúns programas e recursos TIC como medio de expresión persoal e reforzo da autoestima etc.

  • Discapacidade mentais
-      Dificultades de aprendizaxe: novos entornos de aprendizaxe virtuais, programas de reforzo e exercitación.

-      Deficiencias mentais graves: instrumento para o acceso á información, programas específicos para diagnósticos e tratamento dalgunhas deficiencias, materiais didácticos de reforzo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario